domingo, 2 de noviembre de 2014

WYNTON MARSALIS

Trátase do músico de jazz de maior impacto mediático dos últimos vintecinco anos e un dos grandes trompetistas da historia. Wynton Marsalis é o abanderado do neoclasicismo no jazz, cun estilo clásico e tecnicamente impecable ao swing e ás lecturas máis modernas do bebop.

A entrada de Marsalis na escena do jazz a comezos dos oitenta rompeu coa inercia da decantación dos xóvenes intérpretes pola fusión: Wynton non só aposta por un jazz acústico e apegado á tradición, senon que exerce ademáis unha labor crítica combativa contra practicamente todo o jazz de vanguardia realizado dende mediados dos sesenta, considerándoa música fóra dos límites do que se pode considerar jazz.



No hay comentarios:

Publicar un comentario