En xaneiro de 1917 en Nova York, apareceu a palabra jazz como definidora da música contida nun disco gravado pola Original Dixieland Band.
Hai unha serie de razóns polas cales Nova Orleans se convertiu na cuna do jazz:
-A cultura hispano-francesa asentada na cidade dende moito tempo atrás.
-As tensións e enfrentamentos coas comunidades negras asentadas na cidade, o que causou que os homes negros fixeran a súa propia música, deixando algo de lado gran número de actividades musicais e tradición europea.
-A concentración de todos estes feitos nun único barrio, Storyville.
Os primeios grupos musicais que tocaron jazz a comezos do século XX, caracterizábanse por poseer:
-Unha sección rítmica non melódica, formada por un banjo ou guitarra, tuba e percusión, que co tempo evolucionaría rapidamente en contrabaixo, bateria e posteriormente, piano.
-Unha sección melódica integrada por varios instrumentos como corneta, trombón, violín...
Deixo aquí un vídeo que me pareceu moi interesante, fala dos principios do ragtime, que daría lugar posteriormente ao jazz. Inclúe tamén unha interesante análise da obra posiblemente máis famosa de Scott Joplin....: